
Clasificacións XXXIII Carreira escolar do Salnés
Unha vez mais e por trixésimo segundo consecutivo celebraremos unha nova edición da «Carreira Escolar do Salnés». Esta edición, celebrarase en Portonovo o vindeiro venres 08 de maio de 2026 ás 11 horas da mañá.
Como no ano anterior a carreira terá un carácter solidario a favor da Fundación Andrea que presta apoio a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas o terminais.
Non queremos esquecer o carácter cultural e festivo da proba onde a deportividade e a amizade deberá primar por enriba de todo. O noso eslogan seguirá a ser “En galego gañamos tod@s”
Mediante estas páxinas queremos convidar ao teu colexio, asociación ou club a participar nesta 32ª edición. Nelas atoparás a información necesaria sobre a proba, referente ás categorías, percorridos, regulamento, data e lugar da inscrición. Se desexan algunha información mais sobre a proba, non dubides en poñerte en contacto connosco.
